volver

             

                                                                                                                                 " A Fernán Caballero

                 Señora:

                 Por ser mujer y autora de unas novelas hacia las cuales siento la más profunda simpatía, dedico a usted este pequeño libro. Sirva él para demostrar  a la autora de La Gaviota y de Clemencia el grande aprecio que le profeso, entre otras cosas, por haberse apartado algún tanto, en las cortas páginas en que se ocupó de Galicia, de las vulgares preocupaciones con que se pretende manchar mi país.

                                                Santiago, 17 de mayo de 1863"                       

        O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Dia das Letra Galegas" como data para "recoller o latexo material da actividade intelectual galega".

      Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, expuñan que "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalía de Castro", a Academia deberia consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual.

      Estimaban que o libro rosaliano editado en 1863 "foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea" e que "a súa aparición veu a lle dar prestixio unviersal á nosa fala como instrumento de creación literaria", concluindo que representa "un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia".

     Propuñase o dia 17 de maio, ó ignorarse a data da publicación do libro, por ser nese dia cando Rosalia de Castro llo dedicou á tamén poeta Fernán Caballero

     O 28 de abril de 1963 a Real Academia Galega nunha xunta ordinaria aproba declarar o Día das Letras Galegas o 17 de maio de cada ano, recabando a colaboración das institucións culturais do país e a de todos os Centros galegos do mundo para dar un maior realce a sinalada efeméride.

     Na primeira reunión despois do Día das Letras Galegas a Real Academia Galega escollerá o persoeiro que será homenaxeado no ano vindeiro.